tag:blogger.com,1999:blog-91483621811240278992008-05-18T21:05:05.524+02:00O blog de Xosé MexutoXosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comBlogger14125tag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-57877462417838515942008-05-15T14:15:00.004+02:002008-05-15T14:40:01.829+02:00Dépor ciclotímico
Como equipo galego que é, o Dépor é un perfeito ciclotímico. É como o noso clima. As catro estacións nun mesmo día. Unha primeira volta de suicidio. Unha segunda volta de ensoño. Heroes e viláns. O Ying e o Yang nunha mesma tempada. O tormento e a éxtase. Un treinador sen carisma que, porén, ten a persoalidade dos grandes. Porque ten un intanxíbel que poucos teñen: un discurso, algo que dicir. Algúns futbolistas verdadeiramente notábeis (confeso debilidadade por Xisco, tamén ciclotímico nas súas aparicións/desaparicións). E ao frente un dirixente irrepetíbel en si mesmo (un recurso humano non renovábel: excesivo, temperamental, caudillista e, vaites, vaites, sabe como bota a bola sobre o céspede, de fútbol entende tanto como calquer secretario técnico).
Venzo hoxe certos reparos (como galego que son, son un perfeito ciclotímico, etc) e decido voltar a escribir de deportes. Hai algo na épica deportivista desta temporada que dalgunha maneira me chegou ao corazón. Esa historia do perdedor ao que todos dan por liquidado e que, contra todo prognóstico, se ergue da lona e volve ao combate. É unha conmovedora chamada á esperanza. A crer nun mesmo. Iso que tanta falta nos fai como pobo. E tamén como individuos.
Houbo un momento durante o curso en que Lotina era a viva imaxe dun enterrador. Este tipo austero non se resignou nen baixou os brazos, sen recorrer tampouco nunca nen ao populismo nen á demagoxia nen ao vitimismo. Fixo o seu traballo cunha profesionalidade que tan pouco común é na fogueira de vaidades en que arde este negocio, entre tanta laxitude de xoguetes rotos tipo Ronaldo/Ronaldinho. E o equipo soubo reinventarse e emerxer do seu encefalograma plano.
Lembro poucas tempadas tan fermosas como a que acaba de asinar este Dépor ciclotímico.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-5065736299613771152008-04-23T11:57:00.004+02:002008-04-23T12:13:32.283+02:00O bic de Richard Ford
Lin Sportswriter en 1989. Daquela eu tiña 23 anos e, si, traballaba como xornalista deportivo, na redacción de La Voz de Galicia. Cheguei ao xornalismo deportivo sen nengunha vocación, de rebote, levado polas ondas dos acontecimentos, sen ter manifestado a menor inclinación polo relato das actividades físicas doutras persoas. Como Frank Bascombe, a criatura literaria de Richard Ford. Sentín fascinación por ambos, personaxe e autor. Toda fascinación ten algo de alienación. Nen eu tiña nada a ver co Bascombe literario nen eu tiña nada a ver co Ford literato (nen por talento, alá vai a miña autoestima!!, nen por obvias barreiras xeracionais, el daquela, hai vinte anos, era o cuarentón que comezo a ser eu agora).
Bascombe retornou en Independence Day (1996) e vólveo facer agora en The lay of the land. Nesta última, continúa a ser un tipo un chisco abúlico, pero conserva a suficiente dignidade como para indignarse ante o roubo das eleccións de 2000 no seu país, o pucheirazo bananeiro que puxo a Bush Fillo no Salón Oval. En fin, Frank polo demais vélle as orellas ao lobo en forma de cancro de próstata. Desde a primeira novela, plena crise dos cuarenta, a finitude da vida é un dos temas  bascombianos por excelencia. Ford proponnos que vivamos non con apatía -aínda que o pareza-, senón con distanciamento. E agora que eu xa tampouco son xornalista deportivo paréceme a mellor das receitas.
Falei no anterior post das 30 liñas de Greene. Ford ten o seu proprio estilo. Escribe, cando escribe, que tampouco é moi prolífico, ben máis de 30 liñas/días. Submete aos músculos da súa man destra a unha tortura chinesa: escribe entre oito e 12 horas -depende do perto que estea a conclusión do libro- e cun bolígrafo bic, perdoen a publicidade.
Non vexo nesa atitude titánica, nesa gloriosa disciplina proletaria (quen a pillara), nen un só átoma de apatía.
Continúo en Xornal.Com.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-29616691186527031082008-04-18T14:08:00.003+02:002008-04-18T14:23:43.095+02:00As 30 liñas de Graham Greene
Dicía Graham Greene que cumprir co oficio de novelista non era tan difícil: só compría atopar tempo para escribir 30 liñas diarias. Un folio. 365 días. Unha novela. A mesma escola de pensamento pertencía o impagábel Spencer Tracy, autor da memorábel frase segundo a cal para ser actor o único importante era ter boa memoria e non bater cos móbeis cando recitabas o texto sobre o escenario (a variante de John Wayne é que chegaba con saber montar a cabalo).
Decátome de que non estou a cumprir co mandamento de Greene. Xa non falo da vastísima tarefa de escreber unha novela (vaia por diante a miña admiración a todo aquel ser humano capaz de pasar do folio número 25, calidade á marxe), senón mesmo do mantimento deste modestísimo caderno de bitácora. El será un ataque de astenia primaveral? Ou será unha homenaxe implícita ao lendario opúsculo de Lafargue O Dereito á Preguiza?
Non sei se darei estado á altura dos requerimentos de Greene (falo, obvio é, en termos exclusivamente cuantitativos). En todo caso, quen non frecuente a súa leitura faría ben en dar unha volta polas súas páxinas para ver até que ponto se poden facer milagres con apenas 30 liñas diarias. 30 liñas cheas de paixón e de tormento.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-18500322789369326992008-04-03T16:25:00.004+02:002008-04-03T16:40:14.046+02:00Sarko, de ganchete co emperador
Moita posmodernidade, moita superación virtual do eixo dereita-esquerda, moito glamour, mais ao final cai a carauta e todos vemos espidos o Rei: Sarko é unha toupa de emperador en Europa. Adeus á Grandeur! Adeus á política autónoma! Aínda habemos botar de menos a Chirac! Catro décadas despois, Franza vaise reintegrar na estrutura militar da OTAN (vaia pleoanasmo: se falamos da OTAN toda estrutura ten que ser forzosamente militar).
De Gaulle era a vía autónoma, bonapartista, do capitalismo francés fronte ao Imperio anglosaxón. Sarko é o entreguismo a un Imperio que non acepta máis linguaxe que o de estás comigo ou es un filoterrorista.
Dubido que os franceses e as francesas -os/as mesmos/as que tombaron a Constitución neoliberal europea- o aturen por moito tempo.
Máis: en Xornal.comXosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-31593150234365316962008-03-26T13:58:00.003+01:002008-03-26T14:28:44.525+01:00Este país existeEste país existe. Viuse o 9-M. Ten máis determinación do que os estrategas da uniformización lle adoitan atribuír. Non nos imos uniformizar tan doadamente. Especies oportunistas como o bipartidismo cosmopolita (hai algo máis provinciano e chusco que non poder elixir máis que entre dous?) definitivamente non se aclimatan ben sobre o noso granítico chan. Galiza non se vai suicidar tan facilmente.
Este país existe e vai dar grandes surpresas no futuro. Está xa a facer historia nestas mesmas horas. Xa non é que vaia a haber voces galegas no Parlamento estatal, é que esas voces van ter moito que dicer á hora de conformar maiorías durante os próximos catro anos. Acabou esa historia de España, Catalunya e Euskadi e para de contar. Hai un novo xogador sobre o relvado. E vai chutar a gol.
Máis: en xornal.com.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-80087833739877002122008-03-04T12:20:00.003+01:002008-03-04T12:31:03.198+01:00É agora, non dentro de catro anosSi, esta é a hora de Galiza. Non dentro de catro anos. Agora. Ou estamos nós ou estarán outros para decidir. Niso é no que temos que pensar. Visto o visto, está claro que a dereita máis reaccionaria de Europa, a española, ten perdidas as eleccións. Unha incógnita menos. A X a despexar agora non é quen habitará na Moncloa, senón o reparto do poder territorial: en que territorios se terá que apoiar o Goberno central os próximos catro anos. Esta é a grande cuestión que algúns se afanan en agachar, entre tanto balbordo bipartidista.
Nunca tanta información ocultou tanto a realidade dos feitos!!!
Disto vai o meu último artigo en Xornal.com. Que perdan toda esperanza!! Galiza mudou co estourido emancipatorio de Nunca Máis e non vai tolerar ser ninguneada polo bipartidismo estatal. Por puro instinto de supervivencia.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-47286429140849860032008-02-12T21:05:00.000+01:002008-02-12T21:45:56.598+01:00Precampaña? Campaña? De verdade hai diferenza?
Alén do prefixo '-pre' a día de hoxe non vexo nengunha diferenza entre precampaña e campaña. A política é hoxe un acelerador de partículas que todo o deglute á velocidade da luz. Somos todos o combustíbel dun deus ex machina cada día máis entolecido. A política de hoxe é á política de hai apenas 10 anos o que a NBA de Larry Bird e Jabbar era á liga española dos anos 80. Todo é espectacularmente efímero e un chisco banal. Acción, reacción, acción. Declaración contra declaración. Isto que agora escribo á mañá tórnase obsoleto antes da chegada do solpor.
E, porén, a política é o camiño para liberármonos. A política que practican en todos os cantos do planeta forzas que non teñen máis dono que o pobo ao que representan. Non me quero pór pomposo, mais iso na Galiza ten nomes e apelidos. Nacionalismo galego. Estamos a menos dun mes de que se nos apresente unha espléndida oportunidade para demostrar que o cambio político en Galiza é algo máis que un frase. E non cabe imaxinar maior cambio político que o de que Galiza sente por primeira nunha cadeira na mesa de negociación post-eleitoral que inevitabelmente se abrirá o 10 de Marzo. Porque ese día nengunha forza política, nengunha, terá por si soa suficientes escanos para gobernar.
En fin, este segundo parágrafo váleme para dar por bon o gasto de enerxía da interminábel precampaña que comezou xusto o día despois do 14 de Marzo de hai agora 4 anos.
En Xornal.com, boto máis madeira ao lume, se gostardes velaí a tedes: o 10-M.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-13510731550955053972008-02-01T16:43:00.001+01:002008-02-01T17:15:27.824+01:00Frases de Billy Wilder
Non vai ser Francisco Jorquera o único que cite a Xosé María Torné, o gurú do márketing eleitoral. Vouno traer aquí a colación non por acaso, senón porque -grazas Xosé María!- foi el quen me pasou un papeliño que me dispoño a socializar ipso facto. Non un papeliño calquera, non. Non calquera cousa, non, senón un folio un chisco enrugado contendo unha caligrafía nervosa e a lapis, sempre a lapis. E que había riscado no folio? (A verdade é que lle estou a dar a isto un certo ritmo Hitchcock) Pois nen máis nen menos que un feixe de frases de Billy Wilder. Vitaminas para o cerebro!! Que marabilla para esta tarde chumbiza e fría, que reactivo para saír do letargo ao que a falta de luz invariabelmente me aboca!!!
Pois iso: ficades na mellor das compañas. Destellos do grande Wilder, fillo de Lubitsch, pai de Allen. Luz nas tebras.
Se queres dicirlle á xente a verdade, sé divertido ou te matarán
Teño dez mandamentos. Os 9 primeiros din: non debes aburrir! O décimo di: tes que ter o dereito á montaxe final
Todos os días ollo os obituarios dos xornais e fíxome sobre todo na idade do morto. A maioría son máis novos do que eu. Asústome e penso: ao mellor se esqueceron de mín
Penso filmar algunhas escenas fóra de foco... Quero gañar o Óscar á mellor película estranxeira!
Traballar no cinema era vergoñento, o máis desprezábel. Grazas a Deus inventouse a televisión!
Marilyn Monroe, n'A Tentación vive arriba: Sei que é música clásica porque non cantan.
A diferenza entre Lubitsch e eu e que eu digo 2+2 igual a 4 e el di 2+2...
<object width="325" height="255"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/cRta_ko0XGU&rel=1"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/cRta_ko0XGU&rel=1" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="325" height="255"></embed></object>
Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-57374685185331753752008-01-29T16:33:00.001+01:002008-01-29T16:48:05.069+01:00Tranquilos/as: non todo vai ser política!!
Pois iso: non todo vai ser política neste blog (aínda que no fundo todo é política, vaia sarillo). Hei escribir un chisco de todo. O que vaia saíndo. Onte, case de esguello, batín en Canal Clásico (canle temática musical da Corporación de RTVE) cun longo anaco de An Invitation to the Dance, co simpar Gene Kelly en funcións de director, coreógrafo e protagonista total. Unha absoluta marabilla. Cine mudo musical. Cores a estouparen na pantalla como se detrás da cámara estivese o mesmísimo Vincente Minelli. En fin, algo que só se pode ver en televisións non comerciais: vivan as televisións públicas!!!! viva a cultura que non se concibe unicamente como mercadoría!!! (E, por certo, unha pergunta: por que o cinema norteamericano xa non produce estas xoias, el será por que os donos do dólar teñen arrinconado definitivamente aos artistas, aos criadores?).
Gene Kelly dixo en certa ocasión que se Astaire era o Cary Grant da danza, el era o Marlon Brando. Nengún crítico o tería dito mellor.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-25699802022638943532008-01-29T14:09:00.000+01:002008-02-01T17:09:13.268+01:00Die Linke avanza en Alemaña
Boa noticia para o pluralismo político e para os que acreditamos que o paradigma neoliberal non resolve os problemas da Humanidade, nen no centro nen na periferia. O Die Linke, A Esquerda, de Oskar Lafontaine e Lothar Bisky, conseguiu superar o limiar do 5 por cento e ingresar nas cámaras de representación de dous Estados importantes do Oeste, Hesse e Baixa Saxonia. A conmoción política, non por menos esperada a noticia, ten sido considerábel. O SPD, nun alarde de democracia, anuncia un cordón sanitario para aillar a Die Linke e négase a considerar calquer opción de pacto político con esta formación (no Leste, en troca, teñen menos remilgos e cogobernan conxuntamente en Berlín). É tentar poñerlle portas ao mar, puro sectarismo, da que só pode beneficiarse a dereita democratacristiana. En fin, a política de vetos sempre é unha política con data de caducidade, como ben nos ilustra a Historia.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-70319524139043001612008-01-28T13:36:00.001+01:002008-01-28T13:51:39.045+01:00Stiglitz, horrorizado
O bon de Joseph Stiglitz, ex chefe do Banco Mundial, é un economista de formación clásica que se ten caracterizado pola súa visión crítica da globalización. Fai parte do comité de sabios internacional do PSOE. Veu recentemente a Madrid, fotografouse cos xerarcas do partido socialista e fixo unhas declaracións moi clariñas contra as políticas fiscais regresivas que deixan inerme o sector público e que tratan por igual rendas distintas. Stiglitz foi alén diso: afirmou que a política fiscal regresiva é un dos factores que explican a recesión norteamericana, orixe do cambio de ciclo que se vive no planeta.
Pois ben, Stiglitz é sabio, pero o PSOE non está moi polo labor de lle facer caso, abocado como está a competir co PP a ver quen valeira antes as arcas públicas.
Non é pola vía de desarmar fiscalmente ás Administracións como se irá resolver a crise económica, argumenta Stiglitz. A solución pasa máis ben por unha mudanza no paradigma e por entender que o sector público é unha peza clave para remontar a recesión e a crise. Que o mercado xera monstros como as subprime. E que incrementar artificialmente a demanda pode ter ademais como consecuencia continuar a acender a fogueira da inflación.
Sobre todos estes aspectos versa o meu último artigo en Xornal.Com. A ver que vos parece.
Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-28692146752348737752008-01-15T13:24:00.000+01:002008-02-01T17:08:16.584+01:00A clareza de Ana Pontón
Achei moi interesante este artigo de Ana Pontón sobre o dereito das mulleres a decidiren libremente sobre o seu corpo.
Aquí nos debruzamos sobre unha cuestión de elemental respeito á dignidade das mulleres que non admite nengún tipo de manipulación eleitoralista. Nas democracias mediáticas e demoscópicas os dereitos ao cabo rematan sendo tratados como mercadorías e non como valores en si mesmo. Os dereitos humanos son iso, dereitos, con independencia do cálculo eleitoralista de curto prazo. Non é lexítimo mercadear con eles. É particularmente inmoral, como ten feito a forza política que detenta o Goberno do Estado, predicar unha cousa na oposición e logo facer xusto a contraria no Goberno (a contraria significa facer exactamente o mesmo que o Partido Popular).
Non vos enguedello máis. A clareza de Ana no artigo libérame de facer máis comentarios.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-85089157120405763082008-01-14T13:03:00.000+01:002008-01-14T13:13:19.337+01:00Síndrome postvacacional e retorno a XornalIsto do síndrome postvacacional non é unha andrómena posmoderna. Dou fe de que existe. Entre outras secuelas, afectoume seriamente a miña regularidade como colaborador en Xornal.Com. Certa abulia de execución asáltame de maneira invariábel ao retorno dunhas ferias minimamente longas. Tamén pode ser síntoma doutra cousa: o columnismo queima moitísimo e ás veces un ten necesidade de desligar un chisco e tomar unha nova perspectiva (non sei se isto non é pura faramalla verbal para agachar certo acceso de preguiza).
Non vos dou máis a turra. Reato o meu labor en Xornal e como non podía ser doutro xeito, hoxe o Goberno disolve as Cortes Xerais do Estado, cun artigo de ton eleitoral. Non é só unha peza política, é unha reflexión tamén sobre a inutilidade de querer interrumpir o curso da historia, sobre a inutilidade de querer eternizar o presente. Os reaccionarios éche o que teñen.
Velaí vai o artigo, sob o título de "Fukuyama Again".
Agora Fukuyama, o profeta da fin da historia, reencárnase en José Blanco e o seu anuncio un chisco mesiánico de que desta volta se vai fechar de vez o mapa autonómico. Que teima teñen os partidos españois en poñerlle portas ao mar. Desta vez vai, trompetea o secretario de Organización do PSOE como slogan eleitoral que os exexetas demoscópicos agoiran será exitoso na España profunda, para conter as hordas desacomplexadamente españolistas do PP. O PSOE aceita xogar no campo do PP, co cal deixa ver en parte a súa febleza e en parte, retroactivamente, a hipocresía coa que se empregaba cando en tempos de maior bonanza debullaba as bondades da España plural que non dá chegado.<o:p></o:p>
Mais nun Estado plurinacional non é posíbel que desde o bipartidismo (no que cristaliza o pensamento da nación hexemónica nese Estado) se decrete a conclusión dun proceso cuxa xénese non controla, pois que non depende da vontade de nengunha elite estatal, senón do devezo de emancipación dos pobos. Ninguén pode pór límites ás liberdades alleas. Ninguén pode desde fóra arrogarse a faculdade de decidir canto autogoberno vai querer unha nación sen Estado. Por definición vai querer o máximo poder posíbel (toda sociedade diferente tende á emancipación, como todo individuo consciente da súa individualidade). En todo caso, tratarase de que se convenie, de que se compartille, de que se pacte o degrao dese poder. Ese pacto será por definición inestábel, permanemente aberto, como tamén o é a vida, que nunca está predeterminada, que é sempre unha opera aperta.
Fukuyama é un reaccionario de cuidado. O seu pensamento xa foi desmentido pola historia. Quen teña dúbidas, que lle bote unha ollada á recente evolución de América Latina. Blanco tamén se equivoca. Aquí non se vai fechar nada. Porque a democracia é imparábel e vaise acabar abrindo paso.<o:p></o:p>
<o:p></o:p>
Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9148362181124027899.post-44335494106324166232008-01-10T17:15:00.000+01:002008-01-10T17:40:31.052+01:00Un novo meioAquí estamos, non sen tempo, dirán algúns, a verdade é que me resistín unha miga de máis a isto de ter un espazo proprio na rede, quizá por un preconceito excesivo -se callar por considerar, supoño que estupidamente, que levar un caderno de bitácora ten algo de narcisista-, o caso é que agora até me apetece ter un novo meio ao meu dispor para escreber ou comunicar a vontade. E iso é o que penso facer.
Somos animais sociais e non nos explicamos sen os outros, sen os demais. Somos o que somos en función do noso contraste con eles e con elas. Así que un escrebe -queira que non- para que outros e outras o lean. E a rede paréceme un meio máis ao meu dispor para que ese fío non rache.
No noso caso, somos, ademais, galegos e galegas. Un pobo ben interesante este. Que ademais atravesa un momento histórico ben interesante tamén. Un momento decisivo na súa tomada de conciencia como tal, un momento que nos convoca a todos e a todas a estarmos especialmente alertas e participativos/as.
Estamos ademais a apenas dous meses para as eleccións xerais. Dous meses para traballar duro. Para a acción, o pensamento e a esperanza.
Aquí estaremos para contalo.Xosé Mexutohttp://www.blogger.com/profile/01698994927338868685noreply@blogger.com