A independencia dos bancos centrais dos poderes democráticos está na xénese da actual crise. Quen se lembra hoxe da untuosa pleitesía que en tempos se profesaba por parte do establishment a Allan Greenspan? Ben, eles turra que turra, porque ven con clareza que os partidos hexemónicos, quer conservadores quer socialdemócratas, non se plantexan nen por asomo o fin da súa total e absoluta independencia. Eles si que son soberanos! A súa prepotencia chega a tal límite que un deles, o xefe do Banco Central Europeu, Jean Claude Trichet, ven ao Estado español a facer política! Si, de técnicos no teñen nada. Son políticos. E non calquer caste de políticos. Políticos neoliberais puros e duros que teiman en continuar aplicando xustamente a política que provocou o primeiro grande crack da globalización. Trichet vén a Madrid a pedir máis recortes para os traballadores e unha maior desregularización do mercado laboral. E isto neutralidade? No Estado o ínclito MAFO non deixa de ser un reflexo dos ditados de Trichet.
Barça-Mallorca (4-2): Inventa Ibra, remacha Pedro
-
¡Hola a todos! El Barça superó la resaca europea con muchas rotaciones en el
once inicial y la efectividad que le faltó contra el Rubin Kazán para batir
al...
5 horas atrás
0 comentários:
Postar um comentário