É agora, non dentro de catro anos

Terça-feira, 4 de Março de 2008

Si, esta é a hora de Galiza. Non dentro de catro anos. Agora. Ou estamos nós ou estarán outros para decidir. Niso é no que temos que pensar. Visto o visto, está claro que a dereita máis reaccionaria de Europa, a española, ten perdidas as eleccións. Unha incógnita menos. A X a despexar agora non é quen habitará na Moncloa, senón o reparto do poder territorial: en que territorios se terá que apoiar o Goberno central os próximos catro anos. Esta é a grande cuestión que algúns se afanan en agachar, entre tanto balbordo bipartidista.

Nunca tanta información ocultou tanto a realidade dos feitos!!!

Disto vai o meu último artigo en Xornal.com. Que perdan toda esperanza!! Galiza mudou co estourido emancipatorio de Nunca Máis e non vai tolerar ser ninguneada polo bipartidismo estatal. Por puro instinto de supervivencia.

0 comentários: