Frases de Billy Wilder

Sexta-feira, 1 de Fevereiro de 2008


Non vai ser Francisco Jorquera o único que cite a Xosé María Torné, o gurú do márketing eleitoral. Vouno traer aquí a colación non por acaso, senón porque -grazas Xosé María!- foi el quen me pasou un papeliño que me dispoño a socializar ipso facto. Non un papeliño calquera, non. Non calquera cousa, non, senón un folio un chisco enrugado contendo unha caligrafía nervosa e a lapis, sempre a lapis. E que había riscado no folio? (A verdade é que lle estou a dar a isto un certo ritmo Hitchcock) Pois nen máis nen menos que un feixe de frases de Billy Wilder. Vitaminas para o cerebro!! Que marabilla para esta tarde chumbiza e fría, que reactivo para saír do letargo ao que a falta de luz invariabelmente me aboca!!!

Pois iso: ficades na mellor das compañas. Destellos do grande Wilder, fillo de Lubitsch, pai de Allen. Luz nas tebras.

Se queres dicirlle á xente a verdade, sé divertido ou te matarán

Teño dez mandamentos. Os 9 primeiros din: non debes aburrir! O décimo di: tes que ter o dereito á montaxe final

Todos os días ollo os obituarios dos xornais e fíxome sobre todo na idade do morto. A maioría son máis novos do que eu. Asústome e penso: ao mellor se esqueceron de mín

Penso filmar algunhas escenas fóra de foco... Quero gañar o Óscar á mellor película estranxeira!

Traballar no cinema era vergoñento, o máis desprezábel. Grazas a Deus inventouse a televisión!


Marilyn Monroe, n'A Tentación vive arriba: Sei que é música clásica porque non cantan.

A diferenza entre Lubitsch e eu e que eu digo 2+2 igual a 4 e el di 2+2...









1 comentários:

Anônimo disse...

oh my god¡, dos mandamentos vou facer unha "apropiación indebida", prometo citarvos, a ti, ao grande Billy e a Dustin, sempre Dustin

Audry ou Kathy, hoxe non sei moi ben quen son