Pois iso: non todo vai ser política neste blog (aínda que no fundo todo é política, vaia sarillo). Hei escribir un chisco de todo. O que vaia saíndo. Onte, case de esguello, batín en Canal Clásico (canle temática musical da Corporación de RTVE) cun longo anaco de An Invitation to the Dance, co simpar Gene Kelly en funcións de director, coreógrafo e protagonista total. Unha absoluta marabilla. Cine mudo musical. Cores a estouparen na pantalla como se detrás da cámara estivese o mesmísimo Vincente Minelli. En fin, algo que só se pode ver en televisións non comerciais: vivan as televisións públicas!!!! viva a cultura que non se concibe unicamente como mercadoría!!! (E, por certo, unha pergunta: por que o cinema norteamericano xa non produce estas xoias, el será por que os donos do dólar teñen arrinconado definitivamente aos artistas, aos criadores?).
Gene Kelly dixo en certa ocasión que se Astaire era o Cary Grant da danza, el era o Marlon Brando. Nengún crítico o tería dito mellor.
Tranquilos/as: non todo vai ser política!!
Terça-feira, 29 de Janeiro de 2008Postado por Xosé Mexuto às 16:33
Marcadores: Cine musical
Assinar:
Postar comentários (Atom)
0 comentários:
Postar um comentário