Boa noticia para o pluralismo político e para os que acreditamos que o paradigma neoliberal non resolve os problemas da Humanidade, nen no centro nen na periferia. O Die Linke, A Esquerda, de Oskar Lafontaine e Lothar Bisky, conseguiu superar o limiar do 5 por cento e ingresar nas cámaras de representación de dous Estados importantes do Oeste, Hesse e Baixa Saxonia. A conmoción política, non por menos esperada a noticia, ten sido considerábel. O SPD, nun alarde de democracia, anuncia un cordón sanitario para aillar a Die Linke e négase a considerar calquer opción de pacto político con esta formación (no Leste, en troca, teñen menos remilgos e cogobernan conxuntamente en Berlín). É tentar poñerlle portas ao mar, puro sectarismo, da que só pode beneficiarse a dereita democratacristiana. En fin, a política de vetos sempre é unha política con data de caducidade, como ben nos ilustra a Historia.
Die Linke avanza en Alemaña
Terça-feira, 29 de Janeiro de 2008
Assinar:
Postar comentários (Atom)
0 comentários:
Postar um comentário