Sobre a letra pequena do acordo entre os EUA e o seu protectorado colombiano podedes achar información aquí.
Por certo, unha perguntiña: por que a imprensa española apenas está a informar sobre este asunto? Será para tapar as vergoñas do Nobel da Paz?
Os EUA ocuparán as súas bases en Colombia sen pagar nen o aluguer
quinta-feira, 5 de novembro de 2009Postado por Xosé Mexuto às 15:41 0 comentários
Marcadores: América Latina
Xornalismo, empresas, capitalismo

Un columnista vitriólico, radical, ás veces algo áspero, xa non ten espazo para publicar onde soía. Rafael Reig desaparece das páxinas de Opinión de Público. El explícao aquí. Unha reflexión madura, nada desabrida, sobre as relacións entre o xornalista e as empresas no actual sistema de produción (no capitalismo, vaia). A súa baixa na nómina de opinadores diarios non pasou desapercibida: eis un escrito colectivo sobre o tema.
Postado por Xosé Mexuto às 14:03 0 comentários
Marcadores: Xornalismo
Fraude masiva en Afganistán: tropas fóra xa!
segunda-feira, 2 de novembro de 2009A fraude electoral masiva en Afganistán é un feito a estas alturas incontestábel. "A maquinaria que permitiu unha fraude masiva na primeira volta segue intacta e unhas eleccións limpas non son posíbeis", declarou Abdulá Abdulá ao anunciar a súa retirada da carreira electoral. Fica so Karzai, o home do Imperio Bush que agora oficia como fiel peón do Nobel Obama.
En fin, é evidente que os EUA non están alí para democratizar nada (míticas as declaracións de Hillary Clinton alegando que unha segunda volta con Karzai como único candidato non deslexitima nada!), senón para ocupar unha zona xeoestratexicamente clave para o dominio do mundo.
O imperialismo está aí e o lacaismo español (as tropas deben voltar xa!), tamén.
Postado por Xosé Mexuto às 16:42 0 comentários
Marcadores: globalización
A socialdemocracia española renuncia a Keynes
sexta-feira, 30 de outubro de 2009
Primeiro renunciou a Marx con aquel Congreso superferolítico e caudillista de González. Agora renuncia a Keynes. Non é fácil de entender por que a socialdemocracia española, na crise máis aguda do capitalismo nas últimas oito décadas, ignora o receitario de John Maynard Keynes, xusto no momento en que a dereita europea, sempre pragmática, se botou en brazos do autor da Teoría Xeral da Ocupación, os Xuros e o Diñeiro, obviamente para salvar os seus negocios.
As receitas de Keynes son sinteticamente reducir a presión fiscal sobre as clases traballadoras (que son o sustento básico da demanda), incrementar os investimentos públicos (nomeadamente nas infraestruturas) e financiar os gastos vía endebedamento.
Nengunha desas receitas se ve reflectida nos orzamentos de Zapatero para 2010. Ao contrario: sobe a presión fiscal que pesa sobre as rendas medias e baixas, redúcense os investimentos (en Galiza por vez primeira nunha década decrecen a respecto do exercicio anterior) e a débeda pública sobre o PIB se mantén en cifras moi afastadas dos Estados centrais da UE (o Estado español está no 36,2 por cento face o 65,1 de Alemaña, o 63,8 de Franza ou mesmo do 44,2 do Reino Unido).
Por que conservadores como Sarkozy ou Merkel se apertan a John Maynard e o socialdemócrata Zapatero renuncia a el como Papá González fixo con don Karl?
Coido que ten a ver coa composición do poder económico no Estado español e a supremacía absoluta do capital financeiro sobre o produtivo. Aquel está moito máis interesado que este en conter a inflación e o déficit, este está moito máis preocupado que aquel por incentivar a demanda e por que a xente teña capacidade de consumo.
O predominio absoluto do capital financeiro sobre o produtivo no Estado español (en Alemaña e Franza o balance é moito máis equilibrado) explica por que a socialdemocracia española, incapaz de se autonomizar dos poderosos, é moito máis social-liberal que keynesiana.
Por certo, titula Cinco Días que "Zapatero priorizará na UE o emprego ao equilibrio fiscal", o que produce un abraio indescriptíbel, porque no Estado español está a facer xusto todo o contrario: por iso sobe os impostos.
Postado por Xosé Mexuto às 13:06 0 comentários
Marcadores: Economía
O Nobel Obama fica so na defensa do bloqueo a Cuba
quinta-feira, 29 de outubro de 2009
A Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou onte, por unha maioría esmagadora, unha resolución en demanda de que se poña fin ao bloqueo a Cuba.
Máis que maioría esmagadora habería que dicer que os EUA están absolutamente isolados no seo da comunidade internacional no que ten a ver coa súa irracional política de acoso e derrubo da maior das Antillas.
187 Estados votaron a favor da abolición do bloqueo, houbo dúas abstencións e só tres votos en contra: os dos propios Estados Unidos, o do microestado Palau -colonia norteamericana até a súa independencia en 1994- e a de Israel.
Aquí suscítase a seguinte cuestión: de que serve a ONU se dunha votación practicamente unánime non irá decorrer nengunha consecuencia práctica?
Bush tivo como política o ninguneo da ONU, até o ponto de prescindir dela (el e os seus compinches Blair e Aznar, baixo o patrocinio de Durao Barroso, ínclito presidente da UE) cando lanzou a ilegal e criminosa guerra contra o Iraque.
E Obama? Pois a xulgar pola votación de onte, o Nobel Obama vai polo mesmo camiño de contumaz violación da legalidade internacional e de desprezo absoluto á opinión expresada polos representantes políticos da inmensa maioría da Humanidade.
Obama actúa así, como antes Bush, porque a ONU carece de instrumentos efectivos para impor sancións verdadeiramente punitivas a aqueles Estados que incumpren sistematicamente as súas resolucións.
Con rostro máis ou menos humano, o Imperio continúa a ser o Imperio.
O anti-imperialismo ten hoxe máis vixencia que nunca e é desde logo un imperativo ético e democrático.
Le aquí a réplica do ministro de Asuntos Exteriores cubano, Bruno Rodríguez, á intervención da representante dos EUA no debate na Asemblea Xeral.
Postado por Xosé Mexuto às 13:49 0 comentários
Marcadores: América Latina
Minten sobre as pensións, minten sobre o galego
quarta-feira, 28 de outubro de 2009Este Goberno naceu sobre unha xigantesca mentira (a imposición do galego, dá preguiza até escribilo) e a súa política de comunicación, que nos queren apresentar como modélica, consiste basicamente en iso, en construír xigantescas mentiras. Minte que algo queda. Unha mentira mil veces repetida devén verdade. En fin. Isto o que dá é noxo.
Na cultura anglosaxona a mentira empiricamente contrastada destrúe a un político. Nixon caeu non tanto por corrupto ou intrigante, senón por mentireiro.
Aquí temos a un presidente que non só ataca o galego (desouvindo o mandato estatutario en virtude do cal é iso, presidente), senón que tamén minte no Parlamento, ante, por certo, a inhibición do presidente da Cámara.
Minten agora sobre o complemento autonómico das pensións. Despois de tres días de frenética propaganda gubernamental para xustificar o inxustificábel -a eliminación dunha achega de 200 euros para os titulares das non contributivas-, Feijóo manda parar, pero non o fai desde a contrición (el, chefe do partido católico), senón desde a mentira. O que todos vimos non existiu. O que todos limos non foi escrito. O que escoitamos non foi dito.
Feijóo constrúe a realidade e só existe o que el di que existe. E se dis que vai espido, como o emperador do conto, atente ás consecuencias, que a máquina da propaganda aínda está en marcha e ameaza con esmagarte.
Postado por Xosé Mexuto às 17:05 0 comentários
Marcadores: Política
Changing of the guards!
quinta-feira, 1 de outubro de 2009
Sixteen years,
Sixteen banners united over the field
Where the good shepherd grieves.
Desperate men, desperate women divided,
Spreading their wings 'neath the falling leaves.
Fortune calls.
I stepped forth from the shadows, to the marketplace,
Merchants and thieves, hungry for power, my last deal gone down.
She's smelling sweet like the meadows where she was born,
On midsummer's eve, near the tower.
The cold-blooded moon.
The captain waits above the celebration
Sending his thoughts to a beloved maid
Whose ebony face is beyond communication.
The captain is down but still believing that his love will be repaid.
They shaved her head.
She was torn between Jupiter and Apollo.
A messenger arrived with a black nightingale.
I seen her on the stairs and I couldn't help but follow,
Follow her down past the fountain where they lifted her veil.
I stumbled to my feet.
I rode past destruction in the ditches
With the stitches still mending 'neath a heart-shaped tattoo.
Renegade priests and treacherous young witches
Were handing out the flowers that I'd given to you.
The palace of mirrors
Where dog soldiers are reflected,
The endless road and the wailing of chimes,
The empty rooms where her memory is protected,
Where the angels' voices whisper to the souls of previous times.
She wakes him up
Forty-eight hours later, the sun is breaking
Near broken chains, mountain laurel and rolling rocks.
She's begging to know what measures he now will be taking.
He's pulling her down and she's clutching on to his long golden locks.
Gentlemen, he said,
I don't need your organization, I've shined your shoes,
I've moved your mountains and marked your cards
But Eden is burning, either brace yourself for elimination
Or else your hearts must have the courage for the changing of the guards.
Peace will come
With tranquility and splendor on the wheels of fire
But will bring us no reward when her false idols fall
And cruel death surrenders with its pale ghost retreating
Between the King and the Queen of Swords.
Postado por Xosé Mexuto às 16:21 0 comentários
Marcadores: Música